Charla preguntas PISA.
Hoxe estiven escoitando as respostas a unha serie de dúbidas que tiña sobre a selección da mostra, unidades de competencias elixidas segundo qué criterios para que sexan similares en tódolos países e poidamos ter significatividade nos resultados.
Entrístéceme comprobar que países latinoamericanos fan avaliación sinxelas para coñecer o nivel das súas competencias pero que non pasan a proba que pasamos nós. Isto faime recordar cando escoitaba a noticia de que suspendíamos en orientación por non saber utilizar o mapa do metro ou en resolución de problemas como comprar unhas entradas. Se a nenos e nenas no rural do interior con vías de comunicación pouco modernizadas e problemas na conexión a internet lle fas esas preguntas supoño que tamén teríamos dificultades en orientación espacial e xeolocalización. Pero sería un sesgo achacable ao tipo de coñecemento que supoñemos imprescindible para a vida cotiá.
Tal vez non me expliquei moi ben pero si a miña forma de vida non precisa orientación urbana e si rural, serei boa en esta última e pésima na primeira. Polo menos, menos boa na primeira. Por tanto, se adaptamos as unidades ao país sempre haberá variables extrañas que serán difíciles de controlar nun caso de avaliación destas características.
Considero que o interesante é poder avaliar o proceso de mellora das competencias do alumnado e as posibles variacións para continuar nesa mellora. E para iso é para o que, segundo a miña opinión, ten que servirme realizar a proba.
Alegroume coñecer inquedanzas de outras persoas participantes que eran similares ás miñas.
Semella que como maestra, a miña necesidade de formarme e aproveitar os recursos, é compartida por moito profesorado.
Outra información como as estatísticas do curso e posibles futuras formacións á miña disposición tamén resultaron interesantes.
Entendo que a preparación das probas do 2015 están moi adiantadas e teñen unha perspectiva bastante boa.
Alégrome que existan tantas solicitudes de ampliación porque implica que estamos desexando mellorar e valorar a nosa práctica profesional para obter un nivel educativo do que nos sintamos satisfeitas.
Resultou unha charla moi fructífera.
Grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario