Proposta de uso na aula.
Eu realizaríaa en 1º de ESO nun aula de 29 alumnos e alumnas.
Temporalización.
Na segunda avaliación ou na terceira despóis de ter traballado a cohesión grupal e coñecer a mecánica de aprendizaxe cooperativa.
A miña mellor opción sempre que poida incluila na programación anual sería realizar a actividade cunha sesión semanal ao longo da segunda avaliación. Tendo unhas 10 ou 12 sesións para desenvolver actividades complementarias con centro de interese próximo ao alumnado.
- Vou traballar con probabilidade. Decidín usar estes items:
- Se lanza una moneda al aire. ¿Qué es más probable?
Que salga cara ...................................................................... A
Que salga cruz ...................................................................... B
Cara y cruz tienen la misma probabilidad ............................... C
Depende de lo que haya salido en la tirada anterior ................ D
Recollido neste enlace 6º de Primaria e
- nesta outra páxina PISA outro item para secundaria sobre esta temática. Como está en pdf e tería un gráfico que me dificulta reproducilo, deixo só o enlace sen copialo enteiro coma o anterior.
Como dixen, englobaría esta actividade dentro do tema sobre probabilidade que esteamos dando.
Metodoloxía.
Faría 5 grupos de 5 persoas e un de 4.
Entregaríalles os dous enunciados, pedíndolles que os resolvesen.
O rematar utilizaría unha posta en común para correxir e resolver dúbidas.
Outra actividade complementaria.
1. Entregaríalles noticias nas que o uso de gráficos deba ser interpretado e traballaríamos a comunicación seguindo a linguaxe matemática e estatística.
2. Tamén poderían valorar a dificultade de cada proposta e propor outros exemplos da vida diaria nos que puidesen aplicar estes coñecementos.
Observacións.
Estes traballos enlazarían co traballo en valores e obxectivos transversais como hábitos saúdables, abuso dos xogos de azar, economía, eleccións, etc que se estean levando a cabo co grupo.
Ao mesmo tempo repasaríamos fraccións, porcentaxes e números decimais.
Se fago un seguemento dunha noticia ao longo do tempo poden ir coñecendo as enquisas de opinión, de intención de voto, de poboación activa, de poboación. Incorpóranse as TICs ao usar as páxinas de estatística, de xornais dixitais, de educación, lugares de búsqueda de información ou datos que espertan o seu interese.
Avaliación.
1. Valoraría o uso dunha linguaxe axeitada, a comprensión da pregunta que se fai e a concrección da resposta.
2. Interese, cooperación e motivación serían puntos a valorar engadidos aos de coñecemento anteriores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario