mércores, 19 de novembro de 2014

Proposta de uso na aula.
Eu realizaríaa en 1º de ESO nun aula de 29 alumnos e alumnas.
Temporalización.
Na segunda avaliación ou na terceira despóis de ter traballado a cohesión grupal e coñecer a mecánica de aprendizaxe cooperativa.
A miña mellor opción sempre que poida incluila na programación anual sería realizar a actividade cunha sesión semanal ao longo da segunda avaliación. Tendo unhas 10 ou 12 sesións para desenvolver actividades complementarias con centro de interese próximo ao alumnado.
- Vou traballar con probabilidade. Decidín usar estes items:
- Se lanza una moneda al aire. ¿Qué es más probable?
Que salga cara ...................................................................... A
Que salga cruz ...................................................................... B
Cara y cruz tienen la misma probabilidad ............................... C
Depende de lo que haya salido en la tirada anterior ................ D
Recollido neste enlace 6º de Primaria e
- nesta outra páxina PISA outro item para secundaria sobre esta temática. Como está en pdf e tería un gráfico que me dificulta reproducilo, deixo só o enlace sen copialo enteiro coma o anterior.
Como dixen, englobaría esta actividade dentro do tema sobre probabilidade que esteamos dando.
Metodoloxía.
Faría 5 grupos de 5 persoas e un de 4.
Entregaríalles os dous enunciados, pedíndolles que os resolvesen.
O rematar utilizaría unha posta en común para correxir e resolver dúbidas.
Outra actividade complementaria.
1. Entregaríalles noticias nas que o uso de gráficos deba ser interpretado e traballaríamos a comunicación seguindo a linguaxe matemática e estatística.
2. Tamén poderían valorar a dificultade de cada proposta e propor outros exemplos da vida diaria nos que puidesen aplicar estes coñecementos.
Observacións.
Estes traballos enlazarían co traballo en valores e obxectivos transversais como hábitos saúdables, abuso dos xogos de azar, economía, eleccións, etc que se estean levando a cabo co grupo.
Ao mesmo tempo repasaríamos fraccións, porcentaxes e números decimais.
Se fago un seguemento dunha noticia ao longo do tempo poden ir coñecendo as enquisas de opinión, de intención de voto, de poboación activa, de poboación. Incorpóranse as TICs ao usar as páxinas de estatística, de xornais dixitais, de educación,  lugares de búsqueda de información ou datos que espertan o seu interese.
Avaliación.
1. Valoraría o uso dunha linguaxe axeitada, a comprensión da pregunta que se fai e a concrección da resposta.
2. Interese, cooperación e motivación serían puntos a valorar engadidos aos de coñecemento anteriores.

luns, 17 de novembro de 2014

Items liberados.
Eu utilízoos para comparar a dificultade das actividades coas do meu centro.
Pero tamén como recurso en matemáticas por aportar actividades de ampliación en resolución de problemas, razonamento lóxico. As de competencia lingüística sirven para adaptar lecturas ao nivel de cada necesidade. Enlazo un exemplo de estímulos PISA para traballar a comprensión lectora estímulos PISA. Estarían tamén os de matemáticas e ciencias.
Polo tanto en principio uso case que todos os items. PISA, PIRLS-TIMSS
Para os de persoas adultas eu atoparíalle unha mesma utilidade, ademáis de poder poder iniciar competencias ou habilidades para a vida diaria con competencias matemáticas e lingüísticas en todos os niveles. Piaac
Atopei da editorial Santillana unha páxina para traballar os items liberados para primaria ou secundaria. Santillana, avaliacións externas. Con respecto a secundaria deixo a páxina do mecd con máis Items liberados secundaria.
Penso que como resumo da riqueza de recursos que aportan os items liberados está bastante ben.

martes, 11 de novembro de 2014

A proba de que a visión de xénero dache outra perspectiva: buscando información sobre páxinas que recollan os resultados das probas de avaliación externa non puiden deixar de incluir a de ONU mulleres. Porque cada cultura, cada sociedade ten unha forma distinta de valorar os avances e medio punto en España de diferencia pode ser un abismo mentras que 50 puntos en Sudán poden ser todo un logro.

Busquei información sobre noticias que falasen de resultados referidos a persoas adultas. Escollín dous o Huffingtonpost e o blog.fundaciontripartita porque trataban a información sobre o PIACC de xeito ben distinto.
No primeiro prestábase atención e interpretábanse os resultados dende unha perspectiva negativa e no segundo daban información sobre esta proba e as ligazóns para ler o informe na web do mecd.
Considero ao primeiro alarmista e catastrofista e o segundo máis ecuánime.
Tamén é certo que o primeiro é un medio de comunicación que se plantexan captar audiencia e cren conseguilo só con noticias deste estilo e o segundo é unha fundación vinculada coas institucións encargadas de levar a cabo a proba, por tanto, partidista pero dende outro sentido.
Gústame o segundo porque me remite á fonte, pero chegaría a interesarme por este resultado só lendo ou escoitando a visión alarmista dun medio de comunicación.
Calquera é válido se a persoa é crítica coa información. Para mover masas e manipular opinións ten máis poder a primeira.

luns, 10 de novembro de 2014

venres, 7 de novembro de 2014

Hoxe comezo unha nova formación.
Retomo a escrita para plasmar a miña aprendizaxe sobre avaliacións internacionais.
Inda que a máis coñecida é o informe PISA, existen moitas outras avaliacións externas internacionais que avalían as competencias do noso estudantado: TIMSS, TIMSS Advanced, PIRLS, TALIS, EECL, PIAAC, E&S online, TEDS-M, ETLS, PISA para centros educativos, ECEC, ECES, ICILS.
- PISA trianual dende o 2000. O próximo no 2015 mide competencias lingüísticas, matemáticas e de ciencias ademáis de avaliar a resolución de problemas, aprender a aprender e a competencia financieira. Pásase aos 15 anos ou en 2º ESO.
- PISA Advanced faise para 2º Bacharelato. Pero España empezará a participar no 2015.
- TIMSS e PIRLS tendencias en matemáticas e ciencias en 4º ESO, o primeiro, e comprensión lectora, o segundo, en 4º Primaria. O PIRLS farase de novo no 2016.
Dos demáis chámame a atención o PIAAC porque avalía a persoas adultas e o TALIS porque avalía prácticas de ensinanza-aprendizaxe nos centros.
Todos teñen informes con resultados a consultar e probas liberadas para coñecer cómo se fan.
Twitter

Licencia Creative Commons

Licencia de Creative Commons
Educación con perspectiva de xénero is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.