Busquei información sobre noticias que falasen de resultados referidos a persoas adultas. Escollín dous o Huffingtonpost e o blog.fundaciontripartita porque trataban a información sobre o PIACC de xeito ben distinto.
No primeiro prestábase atención e interpretábanse os resultados dende unha perspectiva negativa e no segundo daban información sobre esta proba e as ligazóns para ler o informe na web do mecd.
Considero ao primeiro alarmista e catastrofista e o segundo máis ecuánime.
Tamén é certo que o primeiro é un medio de comunicación que se plantexan captar audiencia e cren conseguilo só con noticias deste estilo e o segundo é unha fundación vinculada coas institucións encargadas de levar a cabo a proba, por tanto, partidista pero dende outro sentido.
Gústame o segundo porque me remite á fonte, pero chegaría a interesarme por este resultado só lendo ou escoitando a visión alarmista dun medio de comunicación.
Calquera é válido se a persoa é crítica coa información. Para mover masas e manipular opinións ten máis poder a primeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario