domingo, 23 de novembro de 2014

Hoxe propóñenme reflexionar sobre cómo corrixo.
Nun primeiro momento respondo que con xustiza. Logo entendo que a miña definición de xustiza non ten porque ser admitida por outras persoas.
Así que reflexionei:
- elaboro preguntas intentando obter unha resposta que cumpra uns criterios. Coñecemento do tema, elaboración das oracións correctamente, uso de vocabulario do tema, concrección, faltas de ortografía ou concordancias, etc.
- corrixo tendo en conta os coñecementos de base de cada persoa polo que a xustiza neste caso non equivale a igualdade de puntuación por igualdade de resposta.
Valoro o punto de partida de cada unha, as dificultades para comunicarse e expresar conceptos.
Chego a valorar o esforzo en reproducir o estudiado e para isto admito sinónimos, chegar a expresar algo dando un rodeo, algunha incorrección en enunciados,...
Cústame moito avaliar sen ter en mente as características da persoa, será porque traballo con necesidades educativas.
O que sí fago sempre é cuestionarme o meu estilo educativo cada vez que corrixo. Valoro que conceptos fun quen de transmitir, cales me quedaron incompletos ou non fun capaz de aportarlles. Tamén as características da avaliación que me din si a persoa avanza e si me estou adaptando aos seus tempos son importantes para mín.
Un dos meus obxectivos é acompañar no proceso a persoa e a avaliación aporta claves para orientarme.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons

Licencia de Creative Commons
Educación con perspectiva de xénero is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.