Elaboración proba.
Cando elaboro unha proba teño en conta que o conxunto de preguntas abarquen os contidos dados e poida avaliar as súas competencias.
Prefiro que sexan preguntas pechadas pero tamén leva algunha de reflexión, comprensión lectora ou opinión cando falamos de competencia lingüística. Neste caso reflexiono como sigue:
1º Recollo vocabulario do utilizado na aula, para non incluir termos que descoñezan.
2º Evito medir máis dun obxectivo pero si coa mesma pregunta podo valorar diferentes coñecementos e competencias asígnolle un valor numérico a cada unha das partes. É dicir, valoro por separado os acertos en cada apartado.
3º Trato de que teñan nivel de dificultade diferente para que poidan partir sempre con algunha puntuación mínima.
4º Adxudícolle valor a cada pregunta antes de aplicar a proba para tratar de ser máis obxectiva.
Cando a proba é de matemáticas utilizo exercicios tipo similares aos usados na aula. Pregunto sobre práctica ou teoría aplicada e intento incluir un problema para razonamento lóxico-matemático aplicado a cuestións da vida cotiá.
Este curso traballo con nenos e nenas con adaptacións curriculares polo que a variabilidade das preguntas é máis ampla. Se considero que precisan algún exemplo colócollo despois da pregunta. Ás veces dependendo do nivel evito exencións á norma se estou intentando valorar a interiorización de conceptos, espero ata que considero que os ten afianzados para construir preguntas pechadas de resposta múltiple que consistan en discriminar estas excepcións da regra.
Evito redactar preguntas que sexan negativas. Para min responder a este tipo de preguntas conleva unha abstracción que non chegan a descifrar.
Esta é a miña forma de elaborar probas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario