xoves, 26 de marzo de 2015

Tallas e autoestima
Preferirín pór o enlace para esta imaxe para que así tamén se teña a oportunidade de coñecer á autora.
O que me resultou interesante (provocoume tristeza, máis ben) foi atopala con comentarios nos que rapazas se queixaban, por sentirse aludidas no caso da talla cero, de que as etiquetaban como enfermas. Elas preséntanse como saudables e xenéticamente delgadas.
Ou non temos comprensión lectora ou sí temos dificultades coa autoestima. Sentirse ofendidas e representadas erroneamente pola viñeta coa información que dan é un pouco esaxerado, penso eu.
Falan de "si fuera más delgada". Si: introduce unha oración subordinada adverbial condicional, que sinala unha condición necesaria e imprescindible para que se realice a oración principal. Pero non logro darlle a interpretación que tanto alboroto causa entre rapazas delgadas.
E isto é preocupante porque xustificar e atopar excusas para defender algo non axuda a aquelas que sí se sinten culpables por non lograr esa talla.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Licencia Creative Commons

Licencia de Creative Commons
Educación con perspectiva de xénero is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.